Shisha Pangma 2013. Presentación do Proxecto.

Hoxe convoquei aos medios de comunicación na Casa do Deporte en Vigo, para a presentación oficial da Expedición “Shisha Pangma 2013” que iniciarei o 2 de setembro. A difusión é un dos aspectos máis importantes para implicar no proxecto ao maior número de seguidores, persoas afíns ás actividades de montaña e público en xeral, que queiran coñecer os detalles da expedición. Acompañáronme no acto: Manel Fernández (Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo), Adolfo Puch (Presidente da Federación Galega de Montañismo), Lourdes Castiñeira (Presidenta de Club Montañeiros Celtas) e Juan Mosquera (propietario de Peixes Vimar, empresa patrocinadora da expedición). Ademais dos anteriores, mencionar tamén como colaboradores a: Xunta de Galicia – Fundación Deporte Galego, Terra deporte aventura, Ximnasio Saúde e Deporte, e Meteogalicia, así como a axuda de amigos e compañeiros que me fan máis levadeiros os innumerables preparativos para a expedición. Grazas a todos.
Como nas expedicións anteriores, este Blog será a plataforma básica de información aos medios de comunicación e ao público en xeral, para coñecer os avances e acontecementos da expedición. En breve volverá a contar coa posibilidade de enviar mensaxes gratuítos ao meu teléfono satélite.

Como complemento ao blog, tamén pódese seguir a expedición na páxina Facebook “Sechu López”.

Neste blog, na barra lateral esquerda, pódese acceder e descargar o proxecto, picando no LOGO da expedición. “Picando aquí podes descargar o cartel con máis calidade e imprimilo.