A fin de semana a tomei máis ou menos de descanso, os polacos marcharon cara arriba. Pola mañá do sábado 21, ducha e lavandería, é dicir, tomo a tarefa de lavar a miña roupa, que xa me vai quedando pouca limpa, tamén fago tarefas de mantemento dos equipos fotográfico e de montaña. Pola tarde vou de visita ao campamento de Carlos Soria e son convidado a cear, o que acepto gustoso. Hoxe domingo preparo a mochila pois mañá luns regreso aos campos de altura. Despois fun visitar a Carlos Martínez (alpinista e médico da expedición de Carlos Soria) para mellorar o contido da miña caixa de primeiros auxilios himalaica e mellorar tamén os meus coñecementos sobre os medicamentos máis axeitados. Despois de comer comecei a escribir este artigo, mentres neva un pouco e contemplo, dende a porta da nosa tenda comedor, a numerosa e sorprendente avifauna que se achega ao noso campamento: perdices, pombas, lavandeiras comúns, chovas…
Mañá luns subo ao C1, vou co meu segundo equipamento (tenda, saco durmir, esteira, cociña…) que como é máis lixeiro que o primeiro, subo desta máis comida, gas e outras cousas que na primeira vez non me podía permitir (por peso e menor aclimatación). O martes ascenderei coa intención de durmir no C2, o mércores de chegar ao C3 (sen quedar a durmir) e regresar ao C1. Para baixar ao CB o xoves 26, pois Meteogalicia anúnciame bastante neve a partir dese día. Xa no CB tocará esperar unha ventá de bo tempo para intentar chegar ao cumio.
Agora recibo máis sms no meu teléfono satélite, grazas. Dende o artigo anterior teño recibido sms de: Patri, Jaco, Oli, Xulio, Pedro, David, Lourdes C, Ignacio López-Guerra, Juan Taboada, Rosa Luengo, Carlos chistes, Jony (fisio), Fernando Huelin, Miguel espeleo, Marisa N, Ana Caramés, Isa FGM, Alfonso González, María Amate, Agus, Tinker, Marta Trueba, Alex Celtas, Manu.
Sechu.
CBA Shisha Pangma, 22 de setembro 2013.
Compartir esta entrada